CulturaCulturaÚltima hora

O espectáculo infantil “Bibopalula”, o 21 de xuño no Auditorio de Verín

 

O vindeiro sábado 21 de xuño, ás 17:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín será o escenario dun espectáculo único e inesquecible para o público infantil: “Bibopalula”, unha emocionante aventura teatral cargada de música, natureza e fantasía, pensada especialmente para nenas e nenos de entre 4 e 8 anos.

Protagonizado pola intrépida Ava, unha apaixonada observadora de paxaros e defensora da vida do bosque, o espectáculo mergulla ás pequenas e pequenos espectadores nunha viaxe chea de descubrimentos naturais, retos inesperados e cancións orixinais que xa forman parte do repertorio máis querido polos seguidores de Bibopalula. A través das aventuras da Banda do Bosque, os personaxes Robin, Carpin, Pegui e Merli deberán superar obstáculos e desfrutar dos segredos que agacha a natureza para atopar un misterioso tesouro encomendado polo Señor Moucho.

O espectáculo inclúe coreografías, efectos especiais e unha iluminación espectacular, que fan de “Bibopalula” unha experiencia teatral inmersiva e novidosa en Galicia.

A produción corre a cargo de Ainé, compañía referente na creación de espectáculos en galego, responsable de grandes éxitos como Somos Criminais ou Fariña. Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través das súas subvencións á creación escénica, así como coa colaboración de Deleite e do Concello de Verín, que continúa a apostar pola cultura e o teatro familiar como elementos clave na programación sociocultural da vila. 

As entradas xa están á venda a partir de 13 euros, e poden adquirirse a través da plataforma www.ataquilla.com

 

Back to top button