O público enchía o campo da festa do Barco, no Malecón, a partir das 22:30h. para desfrutar do espectáculo das XLI Xornadas de Folclore da Deputación de Ourense, que desta volta traían á vila grupos de tres continentes distintos, chegados dende Taiwán, Ecuador e Serbia.
Os asistentes deixábanse engaiolar pola fermosura e simbolismo dalgunhas das danzas, vibraban e mesmo se se deixaban levar polos ritmos doutras e quedan totalmente fascinados polo espectáculo final de Serbia, que mesmo facía un bis a petición dos asistentes que seguían dando palmas os seus ritmos e sorprendentes pasos.
Vídeos: A.R.
Máis información e fotos en