CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O ex alcalde do Barco, Alfredo García, Butaca de Honra da 35ª Semana de Cine

 

Rematada a Semana de Cine do Barco, organizada polo Cine Club Groucho Marx, celebrábase a homenaxe desta 35ª edición.

 

 

Na tarde deste sábado 5 de setembro o ex alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, Butaca de Honra deste ano, elixía a súa na que dende agora figurará unha placa co seu nome. Facíao no decurso dun acto sinxelo pero emotivo conducido polo seu amigo e presidente do Cine Club, José María Rodríguez e polo mesmísimo Groucho Marx (interpretado por Gunty), no que se facía un repaso pola historia do cine no Barco a través dunha proxección de Anxo Santomil, ata chegar á sala na que hoxe Alfredo conta coa súa propia butaca; lembrando asemade os grandes títulos e artistas que por alí pasaron.

 

 

Un título honorífico que lle é concedido por ser “o principal impulsor da casa da cultura e da recuperación do cinema no Barco tras a desaparición das antigas salas de proxección comercial”,  sendo ademais “un comprometido defensor do labor e difusión cultural do Cine Club Groucho Marx.

Tras a homenaxe proxectábase o documental de Antón García Gonçalves, Saúde.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button