DeportesÚltima hora

O ex atleta Manolo Martínez, medallista olímpico, visita O Barco

Ofrecerá unha charla nas pistas atletismo ás 17:30h. do 6 de febreiro

 

Na tarde do 6 de febreiro o medallista olímpico Manolo Martínez, bronce en lanzamento de peso nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, manterá un encontro coa Escola de Atletismo do Club Adas Cupa do Barco, nas pistas de atletismo de Calabagueiros a partir das 17:30h.

Ofrecerá unha charla e realizará unha sesión técnica de lanzamento de peso cos atletas do Club Adas. Esta actividade enmárcase nas accións de promoción do Campionato de España de Atletismo Absoluto Short Track que se celebrará en Ourense na próxima fin de semana.

Ademais de medallista olímpico, Manolo Martínez, foi campión do mundo (Birmingham 2003) así como campión de Europa (Viena 2002), entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button