Durante estes días efectivos do Exército de Terra están a realizar labores de desescombro en aldeas especialmente afectadas polo lume en Vilamartín como é o caso de San Vicente de Leira (que é o caso destas imaxes) e de Cernego.
O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, agradecía o seu traballo, “no momento en que chegaron puxeron a dispor todos os seus servizos e comezaron a facer a limpeza das rúas para que a xente poida achegarse ata as súas casas, aínda que só sexa para chorar .
Fotos: Carlos G. Hervella.