DeportesFútbolÚltima hora

O FC Bars de Kirguistán, co barquense David Monteagudo no corpo técnico, proclámase campión de liga

É o primeiro "adestrador técnico español que gana un título de liga profesional en Asia Central"

O equipo celebrando a vitoria.

 

Obxectivo cumprido. Un ano despois da súa estadía no país asiático como preparador físico no Meizohu Hakka de China, o técnido barquense David Monteagudo (Monty) chegaba a Kirguistán, un país da ex república soviética, en Asia Central, para formar parte do corpo técnico do FC Bars, un equipo de recente creación que se marcaba como meta conseguir o título de liga e clasificarse para a competición continental asiática no seu primeiro ano de vida.

E así o facían neste mes de novembro cando terminaba a liga que empezara en marzo, convertendo a Monty no “primeiro adestrador técnico español que gana un título de liga de primeira división profesional en Asia Central, polo que estou moi contento”, di David, asegurando que os dous últimos meses de competición foron moi esixentes porque non tiñan marxe de erro.

“Para gañar o título tivemos que gañar os últimos 9 partidos seguidos. Estivemos 2-3 ata a penúltima xornada cando o que ía primeiro empatou fóra de casa e aí puxémonos primeiros e xa na última xornada bastounos con gañar o noso partido, tendo en conta que os dous últimos non foron nada doados”, asegura moi satisfeito co seu traballo e o de todo o equipo que os levaron a celebrar a vitoria ligueira.

 

Monty co trofeo.

 

Fotos cedidas.

Back to top button