
O OUFF-Ourense Film Festival inaugura a sección Made in Ou para que os creadores ourensáns teñan un escaparate dentro da programación do festival e poidan amosar públicamente o seu proxecto amateur ou profesional, que non acadara estar nas seccións oficiais ou sexa un formato non seleccionable. Para Óscar Doviso, director artístico do festival, “coido que Ourense é a provincia que menos contidos audiovisuais crea, e ter un oco para amosalos propiciará que novos creadores se animen a compartir as súas inquedanzas e que máis mozos e mozas da provincia se animen a crear”.
Para proxectarse na sección Made in OU, é requisito que o traballo conte con produción ou dirección ourensá, cun equipo técnico formado por polo menos un 80% de persoas ourensás, ou que estea gravado maioritariamente na provincia de Ourense (como mínimo, o 80% da metraxe).
As persoas interesadas en participar poden presentar os seus proxectos nun formulario que se atopa na web do OUFF, ouffestival.gal.
Made in OU é outra das moitas novidades que trae a edición número 30 do Ourense Film Festival, que se celebrará do 26 de setembro ao 3 de outubro. Tanto esta iniciativa como a residencia audiovisual Faíscas, para menores de 30 años, responden ao pulo que a directiva do certame quere darlle aos novos creadores.