Wallyland celebrará o seu Festival de Nadal o vindeiro sábado 20 de decembro a partir das 18 horas no Auditorio Municipal de Quiroga.
A Escola de Danza que gañou dous primeiros premios e dous segundos no Delart Festival celebrado en Asturias a nivel nacional, fará un espectáculo de danza moderna, danza contemporánea e acrodance, con entrada gratuíta e moitas sorpresas, tendo ademais un carácter emotivo. “Este ano queremos convidar a todo o mundo xa que faremos unha pequena homenaxe a todas as persoas que nos axudaron nos incendios do pasado verán”, asegura a profesora e responsable da escola, Sheila Di Giosia.
