CulturaCulturaEntroido 2026Última horaVídeos

O Folión de Buxán e o Touro e o Xigante de Celavente, xuntos no Entroido do Bolo

 

Venres de Entroido no Bolo. Na tardiña deste 13 de febreiro, segundo o previsto, celebrábase a festa no Bolo, coa participación dos dous referentes do municipio. O Folión de Buxán e a comparsa de Celavente co Touro e o Xigante, xuntos no pavillón.

 

 

Cada un saía cara as sete da tarde dun punto diferente do concello. O primeiro dende o Bar Murias en Cambela; e o segundo dende o Asador A Capilla en Lentellais e xa arredor das oito xuntábanse no polideportivo do Bolo tocando e gozando da festa ao cuberto. A idea era rematar a noite cun pasarrías pola vila, pero a chuvia impedíado.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button