EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

O Folión de Buxán (O Bolo) celebra a súa ruta polas adegas da aldea ao ritmo dos bombos e da chuvia

 

Marcando o ritmo coa corna, facendo soar os bombos e apeiros de labranza, o Folión de Buxán (O Bolo) vive intensamente o Entroido, con rondas polo pobo, intercambios, ceas e moita troula, nesta ocasión a pesares do mal tempo (neve e sobre todo moita auga).

 

 

Unha das citas importantes en casa tíñana no mediodía deste sábado 7 de febreiro cunha nova edición da ruta polas adegas tocando, bebendo e comendo por un total de oito bodegas onde os esperaban infinidade de biandas (empanada, fiambre, orella, callos, consomé, macarróns, polbo, calamares,…), incluídos doces e por suposto viño e licores.

 

 

E entre bodeda e bodega, aproveitando a escasa tregua que daba a chuviam, tocaban con ganas polo polo. Mañá, domingo 8 de febreiro, máis e mellor. Sempre que o tempo o permita e non o suspendan, viaxarán ata A Pobra de Trives para participar no Encontro de Folións organizado polos Labregos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button