ConcellosÚltima hora

O Fulión Feminino de Viana percorrerá de novo a vila o 16 de febreiro

Esta será a terceira ocasión na que poderá verse este fulión, integrado só por mulleres
O Fulión Feminino de Viana do Bolo, na torre da homenaxe da vila.

Está formado única e exclusivamente por mulleres e tan só sae nunha ocasión en cada Entroido. O Fulión Feminino de Viana do Bolo percorrerá de novo esta vila o vindeiro 16 de febreiro, adiantándose aos días grandes da festa.

As súas integrantes, un grupo de mulleres de diferentes idades, xuntaranse durante esa mañá para empezar a tocar. Tras un descanso ao mediodía para compartir un xantar, seguirán batendo bombos e sachos pola localidade, precedidas por varias Boteiras, ata a noite.

Esta será a terceira ocasión que cobrará vida este singular e único folión. O resto do tempo do Entroido estas mulleres tocarán noutros folións como son o alternativo ou o do Cabo da Vila.

Fotos cedidas por Jessica Granja Corzo.

Tocando na praza Maior de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button