Ata Sar, en Santiago de Compostela, desprazábanse nesta fin de semana algúns dos referentes do Entrudio vianés. En concreto, o sábado 28 de febreiro o Fulión de Viana do Bolo, xunto cos seus Boteiros e a Mula couceadora, tomaban parte no desfile organizado nesta localidade con motivo da celebración do seu Entroido. Partía ás 17:30h. dende o Cruceiro de Sar e remataba na Colexiata. Neste desfile tamén participan os Xenerais da Ulla.
Fotos cedidas.
