Ata Valdeorras chegaba esta tarde o fume do incendio forestal que segue activo en Pacios da Serra (Quiroga) e deixaba unha espectacular posta de sol. Moitas persoas que paseaban polo Malecón do Barco tiraban de móbil para retratar este efémero pero colorista instante cun sol de tonalidades laranxas e vermellas, por veces cuberto pola fumareda gris.
Fotos: A.R.
