ConcellosÚltima hora

O fume do incendio de Soutordei (Ribas de Sil) envolve Valdeorras

 

Contra as 22h. deste sábado, mentres ía escurendo, o fume do inendio forestal que se declaraba esta tarde na parroquia de Soutordei (Ribas de Sil) comezaba a entrar, impulsado polo vento, en Valdeorras. A comarca, especialmente concellos como A Rúa, Vilamartín e O Barco, víanse envoltos nunha gran nube de fume e era moi intenso o olor a queimado.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button