
Esta mañá localidades valdeorresas como O Barco amencían entre un forte olor a queimado e fume que tingue de branco a paisaxe, mesmo ás veces aprézanse restos de cinzas. É fume dos graves incendios que dende a pasada fin de semana asolan á veciña provincia de León, en zonas tan próximas como Puente de Domingo Flórez ou Benuza.
Certa poboación xa amosa a súa preocupación ante as consecuencias, que dada a onda de calor que continúa, poida ter sobre a saúde sobre todo as persoas máis vulnerables.
