EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea adxudica as axudas a proxectos presentados á convocatoria 2025/26

Sede do GDR Sil-Bibei-Navea.

 

Neste 21 de outubro tiña lugar a reunión da xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea para resolver a concorrencia competitiva dos proxecto presentados, que suman un total de vinte e cinto, dos cales dez son non produtivos, oito promovidos por entidades públicas locais e dous promovidos por institucións de carácter privado e, os outros quince son produtivos. De estes seis desistiron unha vez presentadas as solicitudes de axuda polo que non participan no procedemento de concorrencia competitiva dos proxectos presentados a 30 de maio de 2025.

Dende o grupo sinálase que dos proxectos produtivos que acadan subvención ata o 50% só dous son de carácter turístico e os outros afectan a unha ampla tipoloxía de actividades como un servizo de lavandería, un obrador e despacho de pan, unha adega, tenda on line de venda de produtos locais e unha empresa apícola, quedando en lista de espera un ximnasio en A Pobra de Trives, que percibirán en axuda un total de 428.778,65 euros para as dúas anualidades tendo comprometido a execución do 100 % no 2025, o que segundo o presidente do GDR, Francisco Magide, amosa a excelente xestión do equipo técnico.

Os proxectos non produtivos promovidos por entidades publicas (os concellos) que reciben axuda por puntuación acadada no baremo establecido na estratexia de desenvolvemento son tamén do máis variado. Van dende a creación dun parque acuático, a posta en valor do patrimonio, centro de envellecemento activo, rehabilitación dunha muiñeira ou a rehabilitación dunha edificación para vivenda social, comprometendo o 100% do orzamento, tanto no 2025 como no 2026.

Dos proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, só se presentou o acondicionamento dun patio exterior a cargo dunha asociación de veciños para favorecer a realización de actividades e a convivencia e socialización da veciñanza, que acadou a axuda solicitada. Unha vez máis a xunta directiva do GDR quere “pór en valor e agradecer ao equipo técnico o seu constante e excelente traballo”.

Back to top button