
“Ábrese unha nova oportunidade de inversión para emprendedores nos distintos territorios, en concreto no GDR Sil-Bibei-Navea, a que se poden presentar proxectos dende hoxe ata o día 6 de abril. As bases reguladoras atópanse publicadas no D.O.G do dous de febreiro”. Así o vén de comunicar o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea.
Nesta convocatoria para os anos 2026, 2027 e 2028 este GDR dispón de fondos para proxectos promovidos por entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, así como, por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades, por importe de 1.476.308,52 euros, o segundo grupo dos 24 grupos existentes en Galicia.
Dende este GDR, o seu presidente, Paco Magide, anima ás persoas que queiran emprender no territorio a que aproveiten a ocasión para presentar os seus proxectos nos que sempre terán o acompañamento e a información necesarias por parte do equipo técnico nos teléfonos 988346169/608643790 ou na sede da oficina sita na Praza do Reloxo en A Pobra de Trives.
Tamén se comunica dende o grupo de que hai novidades importantes entre outras no convenio de AGADER con Turismo, que convén que os promotores vexan para estar informados.
Así mesmo, lémbrase que as axudas poderán chegar ata o 50% dos investimentos, cun máximo de 150.000€, no caso dos proxectos produtivos e, do 90% cun máximo de 75.000€ para os proxectos non produtivos, nos que hai tres prioridades: alta, media ou baixa.
Por último tamén se informa que o baremo polo que se otorga a puntuación ós distintos proxectos presentados, así como a documentación necesaria para a presentación das solicitudes de axuda, está dispoñible na páxina web do GDR Sil-Bibei-Navea www.gdrsilbibeinavea.com. Iste baremo foi aprobado por AGADER o 2 de abril de 2025 , sendo público dende entonces.