
Entre as entidades que veñen de ser distinguidas coa Medalla ao Mérito da Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia figura, na categoría de prata, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras.
Este GES formaba parte do contixente galego desprazado a Galicia tras a traxedia da DINA, o pasado outono. Ademais tamén resultaban distinguidos con esa mesma medalla os Bombeiros do Concello de ourense, os Bombeiros do Consorcio de Ourense, os Bombeiros de Terra de Celanova e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.
Así se facía público a finais de maio na orde publicada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no Diario Oficial de Galicia.