ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O GES Valdeorras recibe a Medalla de Prata ao Mérito de Protección de Galicia 2025

Tres efectivos deste grupo formaban parte do continxente galego desprazado a Valencia dende Galicia para dar resposta á emerxencia da DINA

 

Entre as entidades que veñen de ser distinguidas na mañá este 13 de decembro, na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, coa Medalla ao Mérito da Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia figura, na categoría de prata, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras.

 

 

O GES Valdeorras formaba parte do contixente galego desprazado dende Galicia tras a traxedia da DINA para colaborar na resposta a esta emerxencia, no outono do 2024. Ademais tamén resultaban distinguidos con esa mesma medalla os Bombeiros do Concello de Ourense, os Bombeiros do Consorcio de Ourense, os Bombeiros de Terra de Celanova e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.

 

 

Neste mesmo acto de entrega tamén se outorgaban os distintivos de permanencia de Protección Civil de Galicia correspondentes ao 2025.

Con estes recoñecementos a Xunta de Galicia recoñece o labor destacado de persoas e agrupacións e o seu compromiso co servizo público de Galicia.

 

 

Back to top button