OurenseÚltima hora

O Goberno de España declara tres días de loito oficial polo falecemento do Papa Francisco

Cedida.

 

Nunha declaración institucional que realizaba a última hora da mañá dende a Moncloa, o ministro da Presidencia, Xusticia e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, expresaba “en nome do presidente e do Goberno de España a nosa dor e o noso profundo pésame pola morte do Papa Francisco. Lamentamos a morte dun home bo e dun gran papa”. E, nese senso, anunciaba que “o Goberno de España declarará tres días de loito oficial con motivo do falecemento do Papa Francisco”.

Bolaños destacaba que “o pontificado de Francisco ten suposto un impulso renovador e reformista para a Igrexa Católica, que deixará un legado para a historia. Francisco dedicou a súa vida aos febles, aos que non teñen nada, aos que o necesitan todo. Foi un Papa que se ten caracterizado pola súa loita contra a desigualdade, as inxustizas, polo seu combate contra o cambio climático e pola súa preocupación por todos os que están nas periferias”.

Tamén incidía na súa defensa da paz, “apostando sempre polo diálogo”. E lembraba que “foi un papa activo na defensa dos dereitos humanos e do dereito internacional”. Tamén destacaba a “súa cercanía e cariño a España”.

Ademais concluía asegurando que “falece un home bo, morreu un gran papa, descanse en paz o Papa Francisco.

Artigos relacionados

Back to top button