
Volve o Gran Premio de Montaña (III Proba Copa Xunta de Galicia de CXM) organizado polo Club Atletismo Rúa que este ano celebra o 10º aniversario.
Será o domingo 31 de maio coma sempre, con saída dende a praza Enriqueta Casanova, en Fontei con dúas distancias: un trail de 24 km e +1716m, que sairá ás 9 horas; e un mini trail de 17 km e +1140m que sairá ás 10 horas. Nesta ocasión tamén haberá unha andaina de 17 km e +1140m que saíra ás 9:30 horas.
Xa están abertas as inscricións a través da plataforma de Sportmaniacs. A recollida de dorsal realizarase o día do evento de 8 horas ata 25 minutos antes da proba.
