Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

O Gran Premio de Montaña A Rúa reúne a máis dun cento de corredores no seu X aniversario

 

Segundo o previsto, ás 9 horas desta espléndida e calurosa mañá de domingo 31 de maio arrincaba na praza Enriqueta Casanova de Fontei a X edición do Gran Premio de Montaña A Rúa, organizado polo Club Atletismo Rúa coa colaboración do Concello.

 

 

Non foi unha edición moi numerosa, cuns 115 inscritos nas tres modalidades pero, coma sempre contaba cos clásicos da casa e outros chegados dende diferentes partes de Galicia. Os primeiros eran os corredores do trail longo cun percorrido de 24 km e +2000m de desnivel aproximadamente pando por algúns dos lugares máis vistosos do municipio: Vilela, Carrua Fonda, Ponte Pérez, Zona Muíños, Regueiro da Rúa, Fervenzas do Regueiro, O Coloso (1 km ao 29%), Antena (1059 m), San Xulián, O Muro, Alto dos Homes (1056m), Aira dos Lobos, Miradoiro do Barranco Rubio, Viñas Joaquín Rebolledo e Fervenza do Pozo.

 

 

Despois saían os da andaina, de 17 quilómetros e finalmente, un pouco antes das 10 horas para evitar as altas temperaturas do mediodía, os do mini trail, tamén de 17 km e +1140m.

 

 

Coma sempre, numerosos voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións, entre elas da Rúa, Petín, O Barco e Manzaneza, colaboraron coa proba. Unha vez entregados os premios haberá xantar para todos os participantes no pavillón municipal, no Aguillón.

 

 

 

Cun tempo de 2 horas e 29 minutos, o gañador do trail era Adrián Rodríguez Díaz, seguido de Yago Breijo Martínez (02:36) e Iván Reboredo Sanjurjo (02:39). Das mulleres, a primeira era Alba Rey (02:59:16); a segunda Antía Goberna Prieto (03:15:17), líder da Copa de Cx montaña; e a terceira Kenia Estrada (03·:30:32).

No mini trail, o primeiro clasificado era Javier Doce cun tempo de 02:00:47; o segundo Wilker Germán (02:01:02); e o terceiro Felipe Rodríguez Araújo (02:07:28). Das mulleres, o primeiro posto era para Conchi Conde (02:16:31); o segundo para Paula Vega Moldes (02:26:20); e o terceiro para Jennifer Barroso Delgado (02:38:39).

 

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button