
Con música concluía esta tarde unha intensa, animada e exitosa XXV Convivencia de Educación Infantil e Primaria da man de Cholo e Nela, que se desenvolvía no CEIP Julio Gurriarán do Barco, arredor da temática do xogo e co lema “Cholo e Nela construtores de brinquedos”.
Música que poñían os integrantes do grupo de Cholo e Nela (formado por Nacho Hermida, Carlos R. Calvente, Miguel Ángel Vázquez, Andrés Cunha e Segundo Grandío) que interpretaba diversos temas do seu repertorio e, por suposto, o estreado este ano titulado co mesmo lema da convivencia que reunía a máis de mil participantes de 13 centros de ensino do oriente ourensán. Unha canción cargada de mensaxes, como as anteriores, e que remata cando unha voz infantil di “Deixa a pantalla, vén a botar sortes”.
Fotos e vídeo cedidos.
