Un repertorio moi variado era o que despregaba sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco a partir das 20h. desta tarde de 20 de xuño o grupo de música moderna do Conservatorio e da Escola de Música desta vila. Era a segunda das dúas actuacións de fin de curso deste centro formativo, tras a realizada onte, coa participación de ata 5 agrupacións diferentes, con estilos e instrumentos moi diversos.
Deste xeito alumnado e profesorado despedíanse ata o vindeiro curso dende o escenario, nuns concertos que contaban con numeroso público.
Fotos e vídeo: O SIL