CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O grupo No All Kansas actuará este venres, 3 de outubro, no ‘Dar K hablar’ na Rúa

No All Kansas./ Foto cedida.

 

‘Dar K hablar’ o establecemento hostaleiro que abría recentemente as portas no que foi o antigo ‘Bravo Lux’, na Rúa convida a unha actuación en directo do grupo No All Kansas este venres 3 de outubro ás 23 horas

Segundo conta o seu xerente, Rober, “imos empezar con este concerto que espero sexa o primeiro de moitos máis que programemos en adiante. Que se anime a xente pois quen aínda non coñeza este grupo recoméndolle que non perda a oportunidade de velo”.

Composto dende o 2023 por Lara, Gustavo e Gabriel, No All Kansas é un grupo que leva ao público a unha viaxe nostálxica a través do tempo, interpretando xéneros como a música disco, o pop, rock clásico e baladas románticas que definiron a varias xeracións. “Os seus concertos conseguen revivir os éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 mesturando ritmos pegadizos, armonías envolventes e dándolle un toque moderno”, explican dende Hermanager Producións.

Os seus medley e rotación de instrumentos nos concertos son sinónimo de festa e diversión e todo o que tocan é 100% en directo. “O pianista está tocando a guitarra, o baterista está tocando o piano e a cantante que acabas de ver tocando o baixo, agora está na batería”, destacan dende a produtora.

A comezos de agosto estiveron na Bacofesta, deixando moi bo sabor a todos os asistentes e agora volven á Rúa para seguir conquistando ao público.

 

Back to top button