CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O grupo “Recordar Historia” comeza un novo curso no Barco

 

Comeza un novo curso, que será xa o décimo, do proxecto “Recordar Historia” no Barco. A primeira clase tiña lugar na tarde deste 2 de outubro e supuxo un reencontro entre as alumnas desta iniciativa e a súa profesora, María Luisa Valcarce Fernández, que imparte as sesións de maneira altruísta.

Esta primeira clase estaba adicada a lembrar a Manuel María Fernández Teixeiro, “saboreamos a súa obra e acariciamos a súa palabra”, dicía Valcace, quen expresaba o seu agradecemento “a todo o grupo por tanto”.

O grupo “Recordar Historia” reunirase a partir de agora cada xoves de 18h. a 19h. no cuarto andar do edificio da biblioteca pública. “A nosa porta sempre está aberta” din dende o grupo, que ademais agradece a “colaboración do Concello do Barco, que durante estes anos tennos facilitado un lugar onde poder reunirnos”.

Fotos cedidas.

Back to top button