CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O grupo valdeorrés Tentempié pecha en Rubiá a súa xira de presentación

 

Na tardiña do domingo 7 de decembro o grupo Tentempié poñía o broche á súa xira de presentación cun concerto moi especial no marco da II Festa da Matanza de Rubiá.

Nunha carpa na praza do Concello e durante máis de dúas horas, o público gozou dun percorrido musical variado por estilos para bailar e tamén música disco e o rock, selo distintivo da banda e desta xira que agora se despide. Familiares, amigos e veciños encheron o recinto, coreando e bailando cada tema, e creando unha ambiete festivo que acompañou ao grupo ata o final.

 

 

Desde Tentempié sinalan que xa se atopan traballando na programación do próximo ano que afrontan con “ilusión e novos proxectos”, avanzando que a súa próxima xira, Segundo Asalto, “chegará cargada de novidades e sorpresas”.

A xornada pechábase ao grande coa sesión de Amadeo DJ, que puxo a bailar a todos os asistentes e completou un día de celebración moi especial para Rubiá.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button