En toda celebración que se precie a música ten o seu protagonismo e a cea popular que na noite do venres 4 de xullo abría o CarnaVrao 2025 non foi unha excepción.
Amenizando a cea estivo a charanga CLK cos ritmos máis frescos e movidos do verán e despois, como broche, actuaba Tentempié, animando coas súas versións de temas clásicos e tamén actuais, a festa ata ben entrada a madrugada.
Para o grupo valdeorrés, recentemente creado, era a segunda actuación en directo tralo concerto de presentación que daban en maio no SKÁNDALO, no Barco de Valdeorras.

Fotos cedidas.