SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras súmase á conmemoración do Día Mundial da Hixiene de Mans

 

É un xesto moi sinxelo, pero tremendamente importente e que salva vidas. Neste 5 de maio celébrase o Día Mundial da Hixiene de Mans, unha conmemoración á que se sumaba o Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

Así, entre as 11:30h. e ás 13h. na entrada do hospital instalábase unha mesa para informar da importancia da hixiene de mans. Nela contábase coa enfermeira de Medicina Preventiva, Asunción Álvarez Dacal, así como con alumnado da Escola de Enfermería.

Ademais de explicarlle ás persoas que se achegaban a relevancia da hixiene de mans, tamén se lle indicaba como se debe proceder para realizar unha correcta limpeza, tanto no caso de usar auga e xabón como xel hidroalcohólico.

As persoas probaban co xel e, despois, cunha luz especial, comprobábase se realmente tiñan ben limpas as mans completamente limpas ou se quedaran zonas sen desinfectar. Tamén se lles agasallaba cunha botelliña de xel hidroalcohólico e cun bolígrafo.

Por outra banda, tamén se lles explicaba como deben usarse de xeito correcto as luvas, e como antes de poñelas, debe procederse a desinfectar as mans.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button