DeportesÚltima hora

O humorista David Amor visita Oca Manzaneda

Tamén se realizará a presentación do Curso de Iniciación ao Enduro

Foto: Instagram David Amor.

 

O humorista e afeccionado ás bicicletas, David Amor visitará, o vindeiro xoves 22 de agosto, o Bike Park do Oca Manzaneda como embaixador da marca de bicicletas Specialized. O obxectivo é facer o recoñecemento dos circuitos e desfrutar das instalacións.

Ademais, tamén se realizará a presentación do Curso de Iniciación ao Enduro, da man dos multicampeóns Eva Castro e Toni Ferreiro, e coa colaboración de Eva Abadín, os próximos 24 e 25 de agosto. Os participantes poderán desfrutar do resto de instalacións: hípica, piscina/SPA, parque multiaventura, e karts, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button