Larouco celebra hoxe o día grande das festas patronais na honra á Virxe dos Remedios e entre as actividades programadas estaba o torneo de petanca nas pistas estreadas no mes de abril no marco da Festa do Cordeiro, que reunía a 12 tripletas.
O primeiro premio era para unha tripleta da Rúa formada por Manolo Vilela, Manolo e Darío, o segundo para unha tripleta do Barco de Valdeorras formada por Gabriel, Suso e Vicente; e o terceiro para unha tripleta de Petín formada por Enrique, José e Porto.
A encargada de entregar os premios era a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.
Fotos cedidas.