Un total de 538 alumnos, 17 máis que o ano pasado, están matriculados para este curso 2026/2027 no concello da Rúa, segundo a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP. Un curso que no IES Cosme López Rodríguez comezaba pasadas as oito e media da mañá deste mércores 9 de setembro.
Coma sempre os alumnos ían chegando e esperaban na entrada a que a directora os chamara, un a un e por cursos. Unha vez dentro do centro, agardábanos os titores que os acompañaban para proceder ás presentacións de benvida e, xa a partir das 10:30 horas, comezar as clases en horario normal, tal como avanzaba a vicedirectora, ilusionada ante o inicio do curso.
Fotos: Mónica G. Bellver.