
Monforte acollía este mércores a primeira das tres festas na provincia do Correlingua que este ano se celebran baixo o lema “A mocidade activa por unha lingua viva” e que manteñen a reivindicación do uso do galego entre a rapazada dun xeito festivo.
A deputada de Cultura da Deputación de Lugo participou no acto, que reuniu 600 alumnos e alumnas de centros do IES A Pinguela, IES Francisco Daviña Rei, IES Río Cabe, IEs Val do Asma, CEIP A Gándara, CEE Infanta Elena e IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e que contou coa actuación da Mekanika Rolling Band, como gañadora do certame Cantalingua, convocado tamén dentro da iniciativa Correlingua.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización das actividades do Correlingua, enfocadas en reivindicar o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades. Mondoñedo, o día 20, e Lugo, o 28, acollerán as outras daús marchas de Correlingua na provincia.