CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, abre o novo curso escolar

 

Na mañá deste luns 8 de setembro poñíase tamén en marcha o novo curso escolar no Barco de Valdeorras, un municipio que segundo os datos da Consellería de Educación conta com 2.012 alumnos.

O IES Martaguisela é un dos tres centros no que se imparten clases de ESO e Bacharelato e pasadas as 8:30 hora, con total normalidade, os estudantes eran recibidos polo equipo docente na entrada do centro e posteriormente accedían ás correspondeste clases por orde e acompañados polos titores.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button