CulturaCulturaEducación

O IES O Couto gaña o “Consumópolis 2014”

Os alumnos do instituto ourensán fanse co premio nacional na categoría de 1º e 2º da ESO
Gañadores do concurso escolar Consumópolis.
Gañadores do concurso escolar Consumópolis.

O equipo El Ordenador do IES O Couto (Ourense) é o campión nacional do concurso escolar “Consumópolis” na categoría de 1º e 2º da ESO.

Na fase nacional do concurso, no que participaron 11.415 alumnos, tomaron parte asemade outros equipos gañadores da fase autonómica, que tamén estiveron presentes no encontro cos membros do Goberno galego, como o do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa do 3º ciclo de Primaria e o grupo de 3º e 4º da ESO do propio instituto de o Couto. Ademais no encontro tamén participou o segundo clasificado na categoría de 1º e 2º de ESO do IES O Couto.

Na reunión, celebrada en Santiago de Compostela o 3 de xullo, os conselleiros de Economía e Industria Francisco Conde e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xesús Vázquez, destacaron “o talento dos participantes galegos”. De feito o “Consumópolis”, concurso escolar dirixido a alumnos de 10 a 16 anos coordinados por un docente do centro no que cursan estudos, é xa un clásico entre o alumnado galego. Este ano estivo centrado no uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, e na fase autonómica participaron máis de 1.200 escolares.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button