CulturaCulturaÚltima hora

O II Encontro de “Entruidos” do sur de Pontevedra celebrarase o 14 de novembro en Bueu

 

Por segundo ano consecutivo a tradición do “Entruido” na zona sur da provincia de Pontevedra será analizada no decurso dunha xornada que se celebrará o 14 de novembro no Centro Social de Bueu (na rúa Montero Ríos). Será o “II Encontro de Entruidos do sur de Pontevedra” e o seu programa abrirase ás 12h. coa presentación da Asociación “Dominko Ghordo”, do Entroido da Illa de Ons.

Despois, darase paso a unha mesa redonda que contará coa participación de Dolores Masenlle, que falará sobre “Os vascalleiro do Viso”, e de Hadrián Román quen abordará a figura do Merdeiro, “personaxe da ribeira”.

Este encontro será organizado pola Asociación Dominko Ghordo, coa colaboración do Concello de Bueu.

Back to top button