A Concellería de Xuventude organiza a segunda “Summer Begins Quiroga”, unha festa para a xuventude que naceu o pasado ano coa intención de marcar o remate da época de estudos e comezar o verán. A data escollida para a segunda edición desta festa é o venres 24 de xullo.
A concellería de Xuventude anunciará en breve os djs participantes neste evento que se levará a cabo no parque da Constitución como na anterior edición.
