OurenseÚltima hora

O II Torneo do Circuito Sousas Oira Praia agarda a chegada de máis de 80 xogadores de todo o territorio nacional

A xogadora do Sousas Oira Praia, Nuria Bouza, de parella con Nazaret Florian e a parella masculina formada por Juan Escalona e Guillermo Gómez perfílanse como favoritos ao triunfo final

 

Os participantes galegos do primero Torneo Senior.

 

O recinto deportivo de Oira recibe o sábado e o domingo o II Torneo Senior do Circuito Sousas Oira Praia, un campionato puntuable para o ranking nacional da Federación Española e para o ranking autonómico da Federación Galega de Voleibol.

Para este torneo acudirán a Ourense máis de oitenta xogadores de toda España, en total 22 parellas masculinas e 19 femininas, que inclúen ós mellores xogadores galegos, de Extremadura, Comunidade Valenciana, País Vasco, Cantabria e Madrid, para disputar o triunfo final.

Destaca a participación da lucense Nuria Bouza, xogadora do Sousas Oira Praia, que esta temporada de verán logrou importantes triunfos a nivel nacional e internacional e que a sitúan como gran favorita de gañar. Nesta ocasión fará parella con Nazaret Florian, do Voley Playa Madrid, que terán unha dura competencia coas madrileñas Claudia Maestri e Paloma Moya e coa parella vasca formada por Nerea Ruiz e Oihane Gutiérrez.

Na categoría masculina competirán duramente do Sousas Oira Praia, Juan Escalona, e o extremeño Guillermo Gómez contra a parella cántabra formada por Jaime Dehesa e Roberto Rojo, entre outros opoñentes.

O Clube Volei Praia Milenio Ourense terá unha amplia representación neste torneo xa que nove dos seus xogadores loitarán por deixar o triunfo final na casa. Na categoría feminina participarán Nuria Bouza, Tea Andric, Rebeca Kruse, Gladys Giráldez, Patri González e Sara Amarelle, e na masculina, os ourensáns estarán representados por Juan Escalona, Pablo Parga e Victor Bouza.

 

Patri González e a lucense Nuria Bouza.

 

Na primeira proba senior do verán do Circuito Sousas Oira Praia, disputada fai dúas semanas, as xogadoras locais Patri González e Gladys Giráldez, e parella masculina Hernán Tovar, tamén do Clube Milenio, e Carlos Galego do Volei Praia Vigo proclamáronse vencedores.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button