DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O III Campus de Fútbol Mixto de Río trasládase a Estación de Montaña de Manzaneda

Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos, é completamente gratuíto, e ofrecerá dúas quendas

 

O Concello de San Xoán de Río organiza este verán a terceira edición do seu exitoso Campus de Fútbol Mixto, que este ano dá un salto cualitativo e simbólico ao celebrarse por primeira vez na estación de montaña de Manzaneda, a 1.500 metros de altitude. “Unha aposta decidida pola calidade, a igualdade e o medio rural como espazo de oportunidades”, destacan dende o Concello.

O campus está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos, é completamente gratuíto, e ofrecerá dúas quendas:

Do 7 ao 20 de xullo

Do 21 de xullo ao 3 de agosto

As sesións estarán impartidas por xogadoras profesionais, o que supón un valor engadido tanto deportivo como social, visibilizando referentes femininos no mundo do deporte e fomentando a igualdade real dende a infancia. Ademais, haberá transporte en autobús diario para facilitar o acceso ás familias de toda a contorna.

Segundo o alcalde de San Xoán de Río, Xose Miguel Pérez Blecua, “este campus non só promove o deporte e a convivencia, senón que transforma o rural en escenario de futuro. Manzaneda simboliza o alto onde queremos levar os soños da nosa mocidade”.

A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Corresponsables do Goberno de España, a Deputación de Ourense, a Estación de Montaña de Manzaneda e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

As inscricións poden realizarse no propio Concello de San Xoán de Río ou chamando ao teléfono 988 34 60 02.

 

 

Agustín Rodríguez, que fixo as pretempadas co Real Madrid en Tenerife e en Manzaneda, será un dos profesionais do Campus e posúe o seguinte palmarés:

🏆 Ligas españolas (3): 1979-80, 1985-86 e 1986-87

🏆 Copas del Rey (2): 1981-82 e 1988-89

🏆 Copas de la UEFA (2): 1984-85 e 1985-86

🏆 Copa de la Liga (1): 1985

Back to top button