EconomíaEconomíaÚltima hora

O III Foro da La celebrarase do 14 ao 15 de novembro en Lugo para sensibilizar e dar a coñecer esta materia prima

A iniciativa, promovida dende Ovica, inclúe diversas activiades vinculadas coa la e coa gandería en xeral

 

O III Foro da la de Galicia celebrarase no soto da Praza de Abastos de Lugo, os vindeiros días 14 e 15 de novembro, en horario de 11h a 20h. o sábado e de 11h a 14h o domingo. Trátase dunha iniciativa que pretende visibilizar a situación que existe coa la das ovellas e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores, tal e como se indica dende Ovica – Asociación de criadores/as de ovino e caprino de Galicia.

Neste senso, propoñen no marco deste evento unha serie de actividades diferentes como a exposición e venda das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la, proxección de documentais, relacionados coa temática concreta e o mundo da gandería en xeral; presentacións de proxectos laneiros, obradoiros coa la, ademais de música e teatro, para desfrutar e bailar.

Dende levan varios anos traballando nesta temática en diferentes vías, como son o contacto con cooperativas e lavadeiros que existen fora de Galicia, iniciativas de investigación para a posta en valor de novos usos da
la ou a creación dun grupo de traballo a nivel galego, relacionado coa la.

“Con todo, a sensibilización e coñecemento por parte da poboación en xeral é un dos obxectivos deste proxecto, por iso parécenos importante levar a cabo estas actividades de difusión para poñer o noso gran de
area e que a la sexa considerada como a estupenda materia prima que é”, explica a asociación.

 

 

Back to top button