DeportesÚltima hora

O III Torneo de petanca das festas de verán da Rúa reúne a 16 tripletas no Aguillón

 

Por terceiro ano conscutivo o torneo de petanca organizado polo club rués, forma parte do programa das festas de verán da Rúa.

Así, dende as nove da mañá deste sábado e ata ben entrada a tarde, celébrase a terceira edición do campionato no que participan 16 tripletas dos clubs da Rúa, O Barco, Petín e Larouco.

Con parada a mediodía para xantar (aí reúnense unhas 70 persoas), a entrega de premios ao tres primeiros clásificados e o de consolación, incluirá unha homenaxe a Darío, un dos socios do club falecido vai facer un ano, por todo o que axudaba “ademais de ser un bo amigo, por suposto”, di o presidente do Club de Petanca A Rúa, Raúl Vázquez, asegurando que todos os participantes recibirán un agasallo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button