Chandrexa de QueixaConcellosEn portadaMaceda, RiósÚltima hora

O incendio de Requeixo (Chandrexa de Queixa) afecta a 800 hectáreas e segue activo

Ademais hai outro lume activo en Castro de Escuadro (Maceda), no que xa foi desactivada a Situación 2 pola proximidade das chamas ao núcleo da Teixeira

Imaxe do incendio de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa./ Cedida.

 

Dous son os incendios forestais que continúan activos na provincia de Ourense, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Un deles é o da parroquia de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa, que se iniciaba ás 15.51 horas do venres 8 de agosto.

Segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 800 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 11 técnicos, 33 axentes, 55 brigadas, 26 motobombas, 5 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 11 avións.

Activo Maceda-Castro de Escuadro. Situación 2

Ademais, desde as 23.19 horas de onte sábado está activo un incendio no concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou en entre cinco e seis puntos case simultáneos -o que apunta cara unha clara intencionalidade-. Neste lume xa foi desactivada a Situación 2, que fora declarada de madrugada pola súa proximidade ao núcleo da Teixeira. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 11 axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 6 avións.

Controlado Padrenda-Padrenda

Por outra banda, quedou controlado, desde as 22.03 horas de onte, o lume que afecta o concello de Padrenda, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 40 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 7 axentes, 19 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Back to top button