En portadaÚltima hora

O incendio de Requeixo (Chandrexa), en situación 2 por proximidade a núcleos de poboación

Este lume xa afecta a unhas 3.000 has e é un dos 5 que permanecen activos na provincia de Ourense

Incendio de Requeixo (Chandrexa de Queixa)./ Cedida.

 

Complícase o incendio de Requeixo (Chandrexa de Queixa), que está activo desde as 15.51 horas do venres, tal e como vén de informar a Consellería do Medio Rural. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a arredor de 3.000 hectáreas. Neste lume foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación.

Activo Maceda-Santiso. Activada Situación 2

Desde as 03.13 horas desta madrugada está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso, no que foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade aos núcleos de Calveliño do Monte e Santiso. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, 5 axentes, 6 brigadas e 4 motobombas.

Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 14 técnicos, 51 axentes, 79 brigadas, 40 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 14 avións. Tamén vanse incorporar ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Moialde-Vilardevós. Desactivada a Situación 2

Está activo desde as 16.05 horas da tarde de onte luns o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, no que se tivo que declarar a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade aos núcleos de poboación da Silva e San Paio, situados na localidade veciña de Riós. Esta situación operativa de emerxencia xa foi desactivada. Segundo as últimas estimacións, o incendio, que evoluciona favorablemente, afecta arredor de 40 hectáreas e, polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 5 axentes,11 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 6 avións.

Activo Paredes-Montederramo

Está activo desde as 04.50 horas da madrugada de onte un incendio forestal no concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 5 avións.

Activo Cartelle-Anfeoz

Desde as 18.28 horas de onte está activo un lume no municipio de Cartelle, parroquia de Anfeoz que, segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 9 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos

Desde as 23.37 horas de onte luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro. Desactivada Situación 2

Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19. Na tarde de onte luns houbo unha reactivación deste lume e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Neste lume xa foi desactivada o domingo a Situación 2, que fora declarada na madrugada do mesmo domingo pola súa proximidade ao núcleo da Teixeira. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 técnicos, 27 axentes, 42 brigadas, 34 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 10 avións. 

Controlado Verín-Mourazos. Desactivada a Situación 2

Esta controlado, desde as 01.01 horas desta madruraga o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas de onte luns e no que xa se desactivou a Situación 2, medida preventiva que se adoptou pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Tamagos. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 1 pala, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións. 

Extinguido Padrenda-Padrenda

Está extinguido, desde as 23.38 horas de onte luns, o lume que afectou o concello de Padrenda, parroquia homónima, que se iniciou o venres ás 22.03 horas. Afectou finalmente 41,6 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción, mobilizáronse en conxunto 10 axentes, 26 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

 

Back to top button