Nova xornada co perigo do lume sobre Valdeorras. O incendio forestal que se iniciaba o pasado xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e que logo se estendía ao Barco e Rubiá leva queimadas 9.000 hectáreas, segundo os últimos datos publicados pola Consellería do Medio Rural e continúa activo.
Na pasada tarde e noite o lume ameazaba a núcleos como Viladequinta, onde o esforzo veciñal e a chegada de medios permitiu frealo, Lardeira, Portela do Trigal, Pumares e San Xusto (Carballeda de Valdeorras) así como localidades de Rubiá como Quereño, Porto e Real e a tamén á zona barquense do Serro.