ConcellosEn portadaRubiáÚltima horaVídeos

O IX Viñotapeo de Quereño (Rubiá) vence é chuvia

 

Multitude de persoas desfrutaban na tarde e noite do 3 de maio da novena edición do Viñotapeo, unha singular ruta de viños e petiscos que enche Quereño (Rubiá) de festa. Dez adegas sumábanse á celebración e, en cada unha delas, o público, tras mercar unha entrada (cunha taza e un pano branco) por 12 euros, podía degustar unha gran variedade de propostas gastronómicas, acompañadas de viño ou refrescos.

Ver vídeo

Esas adegas eran as do Barrio do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, A Estación I, A Estación II, A Estación III e a Estación IV. Ademais o ambiente estaba animado pola música dunha charanga.

Pese á chuvia, o público respondía unha edición máis e súmabase a esta celebración, promovida pola Comisión de Festas de Quereño, coa especial colaboración da veciñanza desta localidade e do Concello de Rubiá.

Ver vídeo

Tras completar o percorrido polas adegas, a celebración continuaba ata altas horas na pista, onde se servía café e sobremesas aos participantes e podía bailarse ao ritmo dunha discomóbil.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button