DeportesKárateÚltima hora

O karateca júnior Brian Rodríguez Carballo (KC River Stone) participa hoxe na Liga Nacional, en Albacete

Seis membros do club conseguían, o pasado sábado 19 de setembro, o cinto negro e o 1° DAN

Brian co adestrador, Nicolás.

 

Volve a competición de karate. Co inicio do curso abríase tamén o calendario de actividades para o Club River Stone do Barco de Valdeorras, que o facía da mellor forma posible, con varios membros conseguindo o cinto negro e o 1° DAN o pasado sábado 19 de setembro: Fuensanta Blanco, Brian Rodríguez, Pablo Prada (cinto negro 1° DAN); Raúl Pérez, Jose Carrera e Héctor Amaro (cintos negros).

 

 

Os karatekas do club River Stone que conseguiron o cinto negro e o 1° DAN.

 

E xa na xornada deste sábado 26 de setembro, o competidor Brian Rodríguez Carballo participa na proba da Liga Nacional Masculina de Karate, na categoría Júnior, que se está a celebrar no Pabellón Universitario de Albacete. Coma sempre está acompañado polo adestrador, Nicolás Rodríguez.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button