DeportesKárateÚltima hora

O KC River Stone do Barco, presente na I xornada do ano da Liga Nacional de Karate celebrada en Valdepeñas

Participaban Diego Prada, Aina Moral e Nazan Barreda

 

Tres membros do Club River Stone do Barco, Diego Prada, Aina Moral e Nazan Barreda, participaban na pasada fin de semana na primeira xornada do ano da Liga Nacional de Karate celebrada en Valdepeñas (Ciudad Real), que reunía a un total de 900 karatekas de toda España.

 

 

Os deportistas valdeorreses estiveron acompañadas polo seu adestrador, o seleccionador galego Nicolás Rodríguez, quen destaca “o gran traballo dos seus karatekas para estar na cita nacional”. Malia non ter conseguido o pase para as finais, “algo tremendamente complicado co nivel que se exhibe actualmente nas citas nacionais”, Nicolás recoñece que “foi unha fin de semana cargada de novas experiencias para ir mellorando en seguintes campionatos”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button