DeportesKárateÚltima hora

O KC River Stone do Barco segue sumando medallas na liga galega de karate, con 9 na II xornada celebrada en Ferrol

 

O pavillón da Malata, en Ferrol acollía o sábado 20 de decembro a segunda xornada da Liga Galega de Karate na que participaban máis de 700 mozos e mozas de entre 4 e 17 anos, procedentes de 38 clubs galegos, un dele o River Stone do Barco de Valdeorras que lograba nove medallas, 2 de ouro, 2 de prata e 5 de bronce.

Os ouros eran para Brian Rodríguez Carball en Kata Júnior Masculino; e Eric Rodríguez Carballo en Kumite Infantil Masculino >45 kilos Iniciación.

 

 

As pratas para Antón Fariñas Tourís en Kata Cadete Masculino Avanzado; e Aina Moral Castro en Kata Cadete Feminino Avanzado.

E os bronces para Juan Franco Carrera en Kata Benxamín Masculino Avanzado; Eric Rodríguez Carballo en Kata Infantil Masculino Avanzado; Diego Prada Rodríguez en Kata Cadete Masculino Avanzado; Cloe Yáñez González en Kata Cadete Feminino Avanzado; e Rosi Castaño Rodríguez en Kata Cadete Feminino Iniciación.

 

 

Ademáis, seis karatekas lograban o 5° posto (Melina González Borjes en Kata Alevín Feminino Iniciación; Laia Yáñez González en Kata Infantil Feminino Avanzado e Kumite Infantil Feminino <36 kilos avanzado; Raúl Pérez Panizo en Kata XUVENIL Masculino Avanzado e Kumite XUVENIL Masculino <35 kilos avanzado; Héctor López Lolo en Kata Xuvenil Masculino Iniciación; Jose Carrera Fernández en Kata Cadete Masculino Avanzado; e Brian Rodríguez Carballo en Kumite Júnior Masculino <61. E dous, o 7° posto (Selena Pampín Souto en Kata Xuvenil Feminino Iniciación; e Aina Moral Castro en Kumite Cadete Feminino <47 kilos Avanzado).

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button