SanidadeÚltima hora

O labor dos hixienistas dentais de Atención Primaria da provincia, recoñecido co Premio Marisa Casares

Distinguíase o seu programa "Mira que Boca" de educación, coidado e hixiene, destinado a escolares de infantil

 

O colectivo de hixienistas dentais de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco era recoñecido neste sábado co Premio Marisa Casares polo seu traballo sobre o programa “Mira que Boca”, de educación sobre coidado e hixiene dental que realizan nos centros escolares da provincia de Ourense e que está destinado aos nenos e nenas de infantil.

Este recoñecemento outórgao o Colexio Profesional de Hixienistas de Madrid. Recollía o premio Asunción Pérez López (hixienista do Servizo de Atención Primaria de Valle Inclán).

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button