
Nesta semana a Real Federación Española de Atletismo (RFEA) facía pública a listaxe dunha vintena de atletas convocados para a Concentración II do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva 2025 na especialidade de Lanzamentos, que terá lugar en León do 5 ao 8 de decembro.
Entre eses atletas seleccionados figura o valdeorrés Javier Cid González, do Ourense Atletismo, en lanzamento de martelo. Ademais hai outros catro galegos: Hugo Casañas (Ourense Atletismo) en lanzamento de disco e peso, Gabriela Bouzada (C. A. Feminino Celta) e Alex César (A. Mazi) en lanzamento de xavelina, e Aitana Capeáns (Ourense Atletismo) en lanzamento de peso.